8 de março de 2008

SUSPÉNDESE A 2ª XORNADA DE FOLGA


O persoal das instalacións deportivas decidiu en asemblea suspender a xornada de folga programada para o 8 de marzo.
A asemblea de traballadores/as deportivos decidiu na noite do venres suspender a segunda xornada de folga tras a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. Nunha reunión cos empresarios do sector no CGRL estos aceptaron constituírense como asociación patronal, requisito indispensábel para poder negociar o convenio colectivo coa parte social.
O Consello asumiu, na mediación realizada na mañá do 7 de marzo, o compromiso de convocar no prazo dun mes a asociación patronal legalmente constituída para conformar a mesa de negociación do convenio do sector.
Por tanto, os traballadores/as, reunidos en asemblea, decidiron por inmensa maioría desconvocar o paro do 8 de marzo. Porén, advirten que permanecerán vixiantes para que se cumpran os compromisos, pois o conflito non fixo máis que comezar.

Nenhum comentário: