24 de outubro de 2008

RETOMAN-SE AS NEGOCIACIÓNS

O pasado 1 de outubro retomaron-se as negociacións por um novo convénio de deportes. A reunión foi na inspección de trabalho da Coruña e os empresários volveron a adiar a solución ao conflito. Manteremos-vos informados.

12 de março de 2008

8 de março de 2008

SUSPÉNDESE A 2ª XORNADA DE FOLGA


O persoal das instalacións deportivas decidiu en asemblea suspender a xornada de folga programada para o 8 de marzo.
A asemblea de traballadores/as deportivos decidiu na noite do venres suspender a segunda xornada de folga tras a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. Nunha reunión cos empresarios do sector no CGRL estos aceptaron constituírense como asociación patronal, requisito indispensábel para poder negociar o convenio colectivo coa parte social.
O Consello asumiu, na mediación realizada na mañá do 7 de marzo, o compromiso de convocar no prazo dun mes a asociación patronal legalmente constituída para conformar a mesa de negociación do convenio do sector.
Por tanto, os traballadores/as, reunidos en asemblea, decidiron por inmensa maioría desconvocar o paro do 8 de marzo. Porén, advirten que permanecerán vixiantes para que se cumpran os compromisos, pois o conflito non fixo máis que comezar.

7 de março de 2008

ASEMBLEA EXTRAORDINÁRIA

Hoxe venres 7 às 23 h. se celebrará unha asemblea extraordinária no local de sindicatos da Coruña para valorar a xuntanza realizada no Consello Galego de Relacións Laborais coa patronal e decidir novas accións.

6 de março de 2008

Pechán piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol


A primeira xornada de folga do persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña, que se desenvolveu o 5 de marzo, foi todo un éxito. Ese mesmo día houbo unha concentración diante da Confederación de Empresarios de A Coruña.
Os traballadores conseguiron nesta primeira xornada de folga que non abrisen ao público piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol de toda a provincia. O paro foi total na cidade de A Coruña, onde a actividade se paralizou por completo en instalacións tan importantes como a Cidade Deportiva da Torre, a Casa da Auga ou o Clube do Mar.
O 90% das instalacións afectadas pola folga son de titularidade pública. Os traballadores decidiron apoiar as dúas xornadas de paros, a do 5 e a do 8 de marzo, para forzar os empresarios a que se constitúan como asociación patronal para poder negociar o convenio colectivo provincial. Actualmente, aos empregados do sector da provincia, por volta de 500, aplícanlles múltiples convenios, o que provoca que se perpetúe a precariedade e que existan importantes diferenzas salariais entre traballadores que desempeñan a mesma función.

3 de março de 2008

ASEMBLEA NA CORUÑA

Nunha numerosa asemblea á que asistiron máis de 300 traballadores procedentes de intalacións deportivas de Santiago, Coruña, Ferrol e diversas localidades ratificouse a convocatoria de dúas xornadas de folga os vindeiros 5 e 8 de marzo.
A asemblea, convocada polos tres sindicatos e celebrada a última hora de onte no local sindical da Coruña manifestou a sua repulsa pola brutal carga policial contra os compañeiros que reivindicaron o novo Convenio de Deportes no partido da selección galega de futbol sala o pasado sábado en Ferrol.
Este luns pola mañán se celebrará unha rolda de prensa conxunta para informar destos asuntos no local sindical da Coruña.

1 de março de 2008

PROTESTA DIANTE DA SELECCIÓN DE FUTBOL SALA.


Este venres 29 realizouse o primeiro acto de protesta contra a precariedade e explotación dos traballadores de instalacións deportivas reivindicando un convenio xusto no partido da selección galega de futbol sala.
O acto rematou cunha brutal carga policial contra os compañeiros que reivindicaban unhas relacións laborais mais xustas.

14 de fevereiro de 2008

POR UN CONVENIO GALEGO DE DEPORTES


O pasado 15 de novembro tivemos a primeira asemblea para conseguir un convenio galego de deportes e espectáculos no local de sindicatos da Coruña. Alí acordamos esixir un convenio que incluira 1.100 € de salario base con diversos complementos, o 70% de indefinidos/as, direito à subrogación, destinar o 33% da xornada à preparación de aulas, e outras melloras para superar a explotación reflectida no Convénio Estatal de Deportes.
Tras várias reunións, o 14 de febreiro os empresarios do sector incumpriron o acordado previamente con a Dirección Xeral de Deportes a respeito de criar unha asociación empresarial galega desde a que negociar o novo convénio.
Por todo isto comezamos as mobilizacións.