6 de março de 2008

Pechán piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol


A primeira xornada de folga do persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña, que se desenvolveu o 5 de marzo, foi todo un éxito. Ese mesmo día houbo unha concentración diante da Confederación de Empresarios de A Coruña.
Os traballadores conseguiron nesta primeira xornada de folga que non abrisen ao público piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol de toda a provincia. O paro foi total na cidade de A Coruña, onde a actividade se paralizou por completo en instalacións tan importantes como a Cidade Deportiva da Torre, a Casa da Auga ou o Clube do Mar.
O 90% das instalacións afectadas pola folga son de titularidade pública. Os traballadores decidiron apoiar as dúas xornadas de paros, a do 5 e a do 8 de marzo, para forzar os empresarios a que se constitúan como asociación patronal para poder negociar o convenio colectivo provincial. Actualmente, aos empregados do sector da provincia, por volta de 500, aplícanlles múltiples convenios, o que provoca que se perpetúe a precariedade e que existan importantes diferenzas salariais entre traballadores que desempeñan a mesma función.

Nenhum comentário: