25 de fevereiro de 2009

GAÑAMOS A PRIMEIRA ELIMINATORIA!

Compañeiros e compañeiras, grazas á folga e a unión obreira obrigamos á patronal a sentarse a negociar. O día 4 de marzo inícianse as conversas para conseguir un convenio digno.
Aquí deixámosvo-la ligazón para ve-la acta do preacordo que se asinou hoxe:


Acta do preacordo


Seguiremos informando...

20 de fevereiro de 2009

CONVENIO OU FOLGA VENCEREMOS!

ABUSOS E ILEGALIDADES DAS EMPRESAS DURANTE A FOLGA DO SECTOR DE DEPORTES

ABUSOS E ILEGALIDADES DAS EMPRESAS DURANTE A FOLGA DO SECTOR DE DEPORTES



A CIG-SERVIZOS, quere comunicar o seguinte:

Despois da grande participación dos dous dias de paros no sector de Deportes, a pesar dos intentos por parte da patronal e dalgún concello de impedir de maneira ilegal unha folga debidamente e comunicada e autorizada. En varios centros (A Solana, instalacións deportivas de San Diego…) obrigaron a traballar como socorristas a persoal non cualificado; no Concello de Arteixo impuxeron servizos mínimos desproporcionados e fóra de prazo. Todas estas situacións de ilegais intentando impedi-lo dereito á folga dos traballadores foron denunciados diante das autoridades pertinentes.

Os traballadores reclaman da patronal de Instalacións deportivas que se sente a negociar un Convenio de Deportes onde se inclúan os clubes privados. Os empresarios levan varios meses poñendo escusas e dando promesas falsas para evita-la mobilización dos traballadores, pero o único que están dispostos a negociar é un convenio de Instalacións Deportivas municipais e da Xunta xestionadas por empresas privadas e non o de todo o sector. Desde a CIG, non estamos dispostos a tolerar esta grave discriminación.
A folga continuará os dias 26 e 27 de febreiro, así como os dias 9,17 e 25 de marzo e 1,8,16 e 24 de abril.

Agradecemos aos usuarios a súa comprensión polas molestias causadas.

5 de fevereiro de 2009

TODOS E TODAS A FOLGA!!!

O dia 4 de febreiro na asemblea de traballadores e traballadoras acordouse ir a FOLGA OS DIAS 26 E 27 de FEBREIRO, 9,17 e 25 de MARZO, 1, 8, 16 e 24 de ABRIL; asi como realizar duas xornadas de PARO os dias 17 E 19 de FEBREIRO co seguinte horario:
de 10h a 12h e de 19h a 21h os dous dias.

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CHEGOU A HORA DE DALO TODO PARA CONQUERIR DUNHA VEZ UN CONVENIO XUSTO!


CONVENIO OU FOLGA, VENCEREMOS!