20 de dezembro de 2009

Sindicatos e trabalhadores/as acussam à patronal de desportos e á Xunta

Esta fim de semana os paros e concentraçons volverom repetir-se por toda Galiza na demanda de um convénio digno para todo o sector de desportos. Desde CIG-Servizos se reclama à patronal que diante desta resposta laboral apresente umha proposta séria e assumível. Ao tempo criticou-se a atitude da FEGAMP polo desprezo que amosam tanto por trabalhadores/as como por ussuários.
As concentraçons destacarom nas cidades como Ferrol no estádio da Malata ou a "Casa da Auga" na Corunha. O secretário comarcal de CIG-Servizos adiantou que o luns levarám a prostesta aos edifícios administrativos da Corunha e o martes 22 diante da Secretaria Xeral para o deporte em Santiago, pois está desoindo um conflito que afecta a moitos/as desportistas e parece que á Junta só se preocupa quando se afecta ás categorias estrela do desporto e tanto lhes tem as competiçons de rapaces que adestram duramento todo o ano.

14 de dezembro de 2009

Continua a greve polo inmobilismo da patronal de Desportos

Os sindicatos presentes na mesa de negociaçom do convénio galego de instalaçons desportivas (CIG, UGT e CC.OO) acusam à patronal de irresponsável ao nom ter-se movido praticamente nada das súas posturas, malia o éxito das tres jornadas de greve de novembro. Oferta agora uns salários inferiores aos do 2003, quando aínda estava vigente o anterior convénio: salario base de 700 euros que, sumadas ao 2´3% para 2010 e do 3´3% para o 2011, resultariam 800 euros dentro de dous anos.
Os trabalhadores e as trabalhadoras respostarám logicamente com um novo calendário de paros em dezembro e em janeiro que afectará a 100.000 usuários/as em todo o País e a umhas 150 instalaçons desportivas.
Mentres os trabalhadores destas instalaçons continuam as protestas em reivindicaçom de um convénio de ámbito galego a Junta de Galiza ignora estas mobilizaçons.

Mais informaçom em: http://www.galizacig.com/avantar/novas/11-12-2009/o-inmobilismo-da-patronal-de-deportes-vai-deixar-sen-servizo-a-mais-de-100000-usuar

1 de dezembro de 2009

ÉXITO NO 3º DIA DE FOLGA NAS INSTALACIONS DEPORTIVAS DE GALIZA


A gran maioría dos centros afectados permaneceron pechados e o mércores avaliarase en asamblea a posibilidade de novas mobilizacións
Traballadores e traballadoras do sector volveron saír á rúa para reclamar un convenio galego digno para as instalacións deportivas no terceiro e último día de folga, que se perfila como un éxito absoluto, xa que practicamente a maioría dos centros afectados polos paros permaneceron pechados e nalgúns que estaban abertos foron os propios usuarios/as os que non apareceron. O vindeiro mércores haberá unha xuntanza de delegados/as en Compostela na que se avaliará a posibilidade de iniciar un novo calendario de mobilizacións, se a patronal continúa sen moverse das súas posicións.
Rocío Doce, da CIG-Servizos de Ferrol, desmentía rotundamente as informacións transmitidas dende a asociación empresarial a pasada fin de semana na que acusaban ás organizacións sindicais de mentir sobre as reivindicacións e aseguraban que a plataforma sindical reclama o 71% de suba salarial.
O día 2 de decembro haberá unha reunión en Compostela para ver de marcar outro calendario mobilizacións se non hai movementos por parte dos empresarios. Mobilizacións que case seguro coincidirán en fin de semana, polo que Galiza quedaría sen deportes.

Solidariedade dos usuarios/as
De igual xeito, dende a CIG-Servizos pediuse desculpas aos usuarios/as polos trastornos causados pola folga, pero tamén se recomendou que utilicen as follas de reclamacións dos centros e pidan que lle desconten das cotas á parte proporcional dos días que non puideron usar os centros.