1 de dezembro de 2009

ÉXITO NO 3º DIA DE FOLGA NAS INSTALACIONS DEPORTIVAS DE GALIZA


A gran maioría dos centros afectados permaneceron pechados e o mércores avaliarase en asamblea a posibilidade de novas mobilizacións
Traballadores e traballadoras do sector volveron saír á rúa para reclamar un convenio galego digno para as instalacións deportivas no terceiro e último día de folga, que se perfila como un éxito absoluto, xa que practicamente a maioría dos centros afectados polos paros permaneceron pechados e nalgúns que estaban abertos foron os propios usuarios/as os que non apareceron. O vindeiro mércores haberá unha xuntanza de delegados/as en Compostela na que se avaliará a posibilidade de iniciar un novo calendario de mobilizacións, se a patronal continúa sen moverse das súas posicións.
Rocío Doce, da CIG-Servizos de Ferrol, desmentía rotundamente as informacións transmitidas dende a asociación empresarial a pasada fin de semana na que acusaban ás organizacións sindicais de mentir sobre as reivindicacións e aseguraban que a plataforma sindical reclama o 71% de suba salarial.
O día 2 de decembro haberá unha reunión en Compostela para ver de marcar outro calendario mobilizacións se non hai movementos por parte dos empresarios. Mobilizacións que case seguro coincidirán en fin de semana, polo que Galiza quedaría sen deportes.

Solidariedade dos usuarios/as
De igual xeito, dende a CIG-Servizos pediuse desculpas aos usuarios/as polos trastornos causados pola folga, pero tamén se recomendou que utilicen as follas de reclamacións dos centros e pidan que lle desconten das cotas á parte proporcional dos días que non puideron usar os centros.

Nenhum comentário: